Site icon Crónica3.com A Mariña

46 persoas viaxaron este sábado a Santiago para coñecer o cadro de Castelao “a derradeira leición do mestre” e o Pórtico da Gloria despois da súa restauración, nunha viaxe organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza

Ribadeo 18-2-19. Pola mañá visitaron a exposición sobre Castelao do Museo do Gaiás, parándose especialmente no cadro “a derradeira leición do mestre”, homenaxe de Castelao ao “seu amigo e intelectual Alexandre Bóveda, que foi fusilado na Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936. No cadro represéntase o asasinato de Bóveda e o intento do fascismo por aniquilar o nacionalismo galego.” (Galipedia).
Visitáronse, asemade, os diferentes edificios da Cidade da Cultura.
A medio día subiuse ao Pico Sacro, lugar cheo de historia e lendas, e desde o que se pode contemplar moito máis aló do Val do Ulla.
Pola tarde visitouse o Pórtico da Gloria e o Museo da Catedral, lugar, este, onde están gardados os túmulos dalgúns dos reis do Reino de Galiza, aínda que rotulados, non se explica porqué, como reis de León.
Desde a Agrupación Cultural Francisco Lanza queremos facer unha crítica á xestora destes espazos (a Catedral de Santiago) por non empregar practicamente en ningún documento o galego, e non ser posíbel facer ningunha xestión con eles neste idioma.

Exit mobile version