Nestes intres está cortadas ao trafico catro estradas da rede viaria provincial de 3 Concellos. Son concretamente na Pobra do Brollón a LU-P-4705 polo desbordamento do río Sil, no concello de Cospeito hai dúas vías afectadas, a LU-P-1112 e a LU-P-1701 afectadas polo río Miño, e en Begonte a LU-P-0802 desbordada polo Ladra.
Dispositivo en marcha
Para facer fronte a estas inclemencias invernais a Deputación ten 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia. Ademais, cada empresa adxudicataria que atende a cada zona terá que dispoñer do dobre de medios, por si fóra preciso utilizalos. A maiores aparte desta maquinaria, o dispositivo tamén conta con varias máquinas do parque móbil como palas mixtas ou camións, que se engaden ao protocolo de actuación se é preciso.