Os socialistas de Viveiro esixen un arranxo integral desta estrada autonómica que conecta Viveiro co Valadouro. “Necesitaríanse ensanchar as vías para facelas máis seguras, dotalas de beiravías, repintar a sinalización e limpar as cunetas. Trátase dunha vella demanda que os mariñáns reclamamos dende hai unha década e que con estes traballos anunciados polo Delegado Territorial da Xunta non nos dá nin para empezar. O goberno do PP en Galicia ten medios suficientes como para facer un acondicionamento contundente”.
“É curioso que a Xunta rexeitara unha emenda presentada polos socialistas aos orzamentos de 2019 na que pedíamos a mellora da LU-161 e agora, 2 meses despois, informen de que van a facer obras durante este ano”.
A Alcaldesa destacou que “dende o Concello de Viveiro seguiremos reclamando a mellora integral desta vía porque temos dereito a ter unhas infraestructuras decentes e non propias do século pasado, debido ao total abandono da Xunta de Galicia”.
Falta de repecto institucional
María Loureiro lamentou que dende a delegación territorial da Xunta de Galicia avisaran ao Concello só con dúas horas de antelación para a presentación do proxecto “coa única finalidade de que non asistiremos. Por desgraza, estamos acostumbrados a estas faltas de respecto institucionais aos veciños de Viveiro por parte do señor Balseiro”.