Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asemblea Galegas 8M convoca en Viveiro un encontro aberto de mulleres

Viveiro, 31/01/2019. A Asemblea Galegas 8M xorde da necesidade de repensar o 8 de
marzo en chave galega a través de xuntanzas abertas nas distintas cidades e vilas de
todo o país. Diversos colectivos feministas e mulleres individuais de toda Galiza
tecemos a rede e comezamos a traballar na organización da Manifestación nacional
do Día das Mulleres que terá lugar o 3 de marzo en Lugo así como no Paro
Internacional de Mulleres do vindeiro 8 de marzo.
Este sábado 2 de febreiro, ás 12h, terá lugar na Sala Multiusos do Concello de
Viveiro, unha asemblea aberta de mulleres coa fnalidade de dar a oportunidade de
participar ás asistentes, na organización dos actos relacionados co 8M. Así mesmo,
desenvolverase un coloquio informativo acerca das reivindicacións para o 8M, o
papel dos homes na folga e as características da folga de consumo, de coidados e
estudiantil, entre outras temáticas.
Por outra banda, o vindeiro 8 de febreiro ás 19:00h terá lugar o segundo encontro
comarcal de mulleres na Sala Multiusos da Casa da Cultura en Burela. Baixo o lema
POR TODAS AS MULLERES, POR TODOS OS DEREITOS: REVOLTA FEMINISTA!,
animamos a participar nestes encontros a todas as mulleres da comarca.

Exit mobile version