Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co Concello de Viveiro, pon en marcha estes días a campaña de Entroido

Viveiro 20-2-19. A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co Concello de Viveiro, pon en marcha estes días a campaña de Entroido facendo especial fincapé no Xoves de Comadres.

Preténdese relanzar ese día como inicio do Entroido e animar a tódalas comadres a pasar unha noite divertida.

Cinco locais de hostalaría ofrecerán menús especiais de Entroido a un prezo de 20€, un importe moi económico para animar ás comadres á troula. Serán Casa Pepi, Asador A Quinta, Mesón O Recuncho, O Garaxe e Arume Gastrobar. Entre os grupos que reserven cea nalgún dos locais participantes sortearase un premio especial “Sexy Love”. Só se terán que anotar chamando ou escribindo previamente ó CCHV e indicar que queren optar ó premio. A noite do xoves un xurado visitará os locais onde se atopen ceando os grupos inscritos e premiará aquel que consideren máis divertido.

E como é xoves non nos esquecemos da cita ineludible do Juepeo… nesta ocasión Juepeo especial Comadres cunhas super tapas para animar a todo o mundo (comadres e compadres) a comezar o Entroido en Viveiro.

Tamén colaboramos cos premios do desfile do martes de Entroido, entregando 3 premios CCHV. Serán 150€ en vales de compra para o disfraz mais atrevido, 150€ para o disfraz mais currado, e un premio sen determinar o importe xa que será para o mellor disfraz infantil e o gañad@r terá o premio según o seu peso.

Dende a Asociación animamos a hoteleiros e comerciantes a que se disfracen e decoren os seus locais para dar máis alegría e diversión a estas datas. E a tódolos nosos clientes

Exit mobile version