Site icon Crónica3.com A Mariña

“A desesperación do PSOE leva a atribuírse como mérito propio a adxudicación do proxecto dun tramo da Autovía da Mariña asinada fai dous anos polo Goberno Rajoy”, aseguran os populares lucenses

Lugo, 21 de febreiro, 2019. “O PSOE lucense presenta síntomas de absoluta desesperación ata o punto de que hoxe a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodriguez, anuncia “a bombo e platillo” a adxudicación da redacción do proxecto da autovía da Mariña (A-74), no treito que transcorre entre Burela e Foz, que efectivamente sae hoxe publicada no BOE pero que, tal e como pode comprobarse na propia resolución, a data de adxudicación corresponde ao 5 de abril de 2017, isto é, gobernando en España o Partido Popular”, apuntan dende os populares lucenses.

“Os socialistas buscan atribuírse un mérito que non lles corresponde xa que tanto a licitación como a adxudicación da obra foi decisión do Goberno presidido por Mariano Rajoy”, aclaran desde o PP.

A este respecto, engaden que “o único mérito atribuíble aos socialistas en relación co proxecto desta infraestrutura é o recorte en máis dun 98% do investimento destinado para A-74 no proxecto de orzamentos que deseñaron os socialistas. De feito pasaba de máis de 258 millóns de euros a tan só 5,5. Afortunadamente estas contas elaboradas polo equipo de Pedro Sánchez, tan lesivas para Lugo e para Galicia, non prosperaron”, conclúen.

Neste enlace pode comprobarse as datas reais:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-B-2019-7086
Data de adxudicación: 5 de abril de 2017.
Data de licitación: 1 de xullo de 2016.

Exit mobile version