
Comprobou de primeira a man o estado das instalacións deste complexo ao que cada verán acoden centos de rapazas e rapaces a desfrutar de diferentes actividades multiaventura. Así mesmo tamén se achegou ao Espazo Xove de Viveiro e ás instalacións do Albergue Xuvenil Area, no que en 2018 se levaron a cabo diferentes actuacións de acondicionamento que supuxeron un investimento superior aos 45.000 euros.