Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma Sanitaria muda a ubicación da UMAR ao centro de saúde de Xove ante a negativa do Sergas para cubrir as vacacións da pediatra

A Mariña, 28 de febreiro de 2019. Ante as queixas de veciñas e veciños dos concellos de Cervo e Xove, que ficaron estupefact@s ao levar ás súas crianzas ao centro de saúde con febre e foron citados para dentro dun mes, a Plataforma Sanitaria decide cambiar a ubicación da UMAR ao centro de saúde de Xove, un dos epicentros da problemática sanitaria. A mesa cambia tamén o seu día habitual ao ser o vindeiro martes festivo na maioría dos concellos, e pasa ao mércores 6 de marzo de 11 a 13 horas.
A Plataforma Sanitaria ven de saber que a facultativa responsable do servizo de pediatría de Xove e Cervo colleu vacacións ate o 20 de marzo,e só se vai substituir os martes a partir das 12 horas, e neste período de tempo atenderá revisións de nen@ sán e seis consultas a demanda. Tendo en conta que neste período de tempo dous martes son festivos, a atención desta profesional limitarase a dous martes. Deste xeito, a atención pediátrica destes concellos estará practicamente ausente até o día 20 de marzo, e obrigará a nais e pais a desplazarse até o centro de saúde de Burela para as urxencias, saturando á pediatra que atende esta localidade.

Exit mobile version