Site icon Crónica3.com A Mariña

A UMAR recolle unhas cincuenta reclamacións no centro de saude de Alfoz

Alfoz 19-2-19. Ás reclamacións que demandan un servizo de pediatría engá dense reclamacións polo servizo de logopedia e polos médicos de familia.
A Mariña, 19 de febreiro de 2019. A UMAR desplazouse hoxe até o centro de saúde de Alfoz, o xe se recolleron unhas cincuenta reclamacións. Ainda que a maior parte delas solicitaban a creación do servizo de pediatría nos con cellos de Alfoz e Valadouro, tamen se recolleron outras nas que se demanda a substitución dos médicos de familia cando estes piden un permiso ou están de baixa, e outras nas que esixían o restablecemento do servizo de logopedia eliminado hai un mes, deixando @s usuari@s abandonados, sen prestación, sen ser informad@s e con interrupcións nos seus tratamentos que se supón deben ter continuidade.
O servizo de pediatría é unha demanda histórica destes dius concellos, que suman aproximadamente 300 nenos de cero a catorce anos e que teñen que desolazarse até Foz, onde unha pediatra cunha reducción de xornada sen substituir e totalmente desbordade, debe prestar asistencia tamén @s crianzas do concello de Foz.

Ás 12 horas profesionais e usuari@s pararon cinco minutos adheríndose á convocatoria de AGAMFeC.

Ás 12 horas profesionais e usuari@s sumáronse á convocatoria que AGAMFeC mantén todos os martes nos centros de saúde do país, co lema “Por unha Atención Primaria Digna”. Alfoz súmase así aos centros de saúde de Ribadeo, San Cibrao, Foz e Viveiro cunha concentración silenciosa de cinco minutos

Exit mobile version