Tamén prestarán axuda na redacción e presentación polo rexistro de reclamacións. Nesta ocasión tamén farase especial énfase no servizo de pediatría, reclamarase colectivamente a dotación dun servizo para os concellos de Alfoz e Valadouro. Esta é unha reclamación histórica destes dous concellos, cux@s veciñ@s vense na obriga de desprazarse a Foz (onde a pediatra ten unha reducción de xornada non substituída), cando precisan atención pediátrica. A unidade estará de 11 a 13H.