Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xanela do Maxín trae o seu espectáculo de monicreques e música familiar “O Murmurio do Mar” ao Auditorio de Burela

Burela 21-2-19. A compañía A Xanela do Maxín ofrecerá o 23 de febreiro unha actuación do seu espectáculo “O Murmurio do Mar” no Auditorio da Casa da Cultura (Rúa Pardo Bazán, nº6) a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Unha montaxe escénica e musical destinada ao público familiar que, ademais de conxugar música e teatro, tamén achega unha nova maneira de ver e escoitar o mar con títeres , lendas e cancións. A función terá lugar no Auditorio de Burela o sábado 23 de febreiro ás 18:00 horas. As entradas custan 2,5 euros e pódense adquirir na Billeteira do propio Auditorio o mesmo día da función a partir das 17:00 horas.
En O Murmurio do Mar, a través da música, monicreques e obxectos, somérxenos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras, porque o mar trae consigo sons, lendas e tamén cancións . Un mar, que sobre todo, debemos coidar e respectar.
En escena contaremos coa presenza da dramaturga e actriz Celtia Figueiras e co músico e titiriteiro Luis Vallecillo, que acompañará a actuación cos seus monicreques, guitarra e acordeón.

Exit mobile version