Segundo explican as propias monitoras de Gaia “os obxectivos desta saída foron que os rapaces coñeceran as nosas raíces, cómo se vivía en Burela antigamente, que Burela nos séculos XVI e XVIII destacaba pola pesca da balea franca e como esta actividade supuxo un enorme recurso económico. Coa visita ao lavadoiro os rapaces aprenderon costumes xa esquecidos na nosa época. E grazas á visita á igrexa da Vila do Medio coñeceron a arquitectura e as pinturas que ten este templo, que é do século XV, aínda que tivo unha ampliación no XVIII”.
Gaia considera “de enorme importancia facer este tipo de saídas polo pobo, que nos ofrecen a oportunidade de coñecer mellor o noso e aprender a respectalo e valoralo como se merece”.