Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada en Foz a moción da Plataforma Sanitaria malia a abstención do PP

A Mariña, 1 de febreiro de 2019. Onte diversos membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña acudiron ao pleno de Foz , onde se presumía que se debatería por urxencia a moción presentada en todos os Concellos en defensa do servizo de pediatría, xa que non figuraba na orde do día.
Tras votarse a urxencia e ser lida pola alcaldía, todos os grupos da oposición demandaron a súa defensa por parte do colectivo sanitario, e foi nesta ocasión a coordinadora da Plataforma Sanitaria, Montse Porteiro, quen se encargou de defendela de forma concisa , a petición da alcaldía.Eso non impediu que recalcara que “ ainda que en principio poidera parecer que se trata dunha moción que afecta a certos concellos, en realidade é máis ampla e de ámbito comarcal, pois ainda que agora mesmos hai certos concellos en situación de emerxencia , esta situación pode repetirse en calquera localidade cando a pediatra de familia colla un permiso ou baixa.” Do mesmo xeito Montse Porteiro apelou á “solidariedade que debe asistir a calquera gobernante cando os concellos veciños padecen dun problema tan grave e que mesmo pode reverter a calquera localidade “.
O colectivo sanitario agradece á oposición a deferencia que tiveron ao ceder a palabra á Plataforma Sanitaria e a solidariedade coa coamarca e coas veciñas e veciños de Foz emitindo o seu voto favorable.

Exit mobile version