O IES acolle tamén estes días a sétima edición dos campionatos internacionais de Baristas Profesionais e o de Cata de Cafés de Escolas de Hostalería. Balseiro gabou o labor realizado polo IES de Foz e destacou a dimensión que teñen alcanzado estes certames, que “dan visibilidade ao gran traballo que están a facer as escolas de hostalería galegas”. O delegado subliñou que este tipo de iniciativas “poñen de manifesto que a formación e a profesionalidade son piares sobre os que se asenta a calidade e a excelencia na prestación de servizos”, ademais de constituír un escaparate idóneo para alumnos e profesionais do sector do café.