Site icon Crónica3.com A Mariña

Boa participación de Aleix Díaz na 3ª xornada da Copa Deputación de atletismo

Ribadeo 4-1-19. Este pasado sábado celebrouse nas pistas Gregorio Pérez Rivera de Lugo, a 3ª xornada da Copa Deputación. Ata alí se desprazou o atleta ribadense Aleix Díaz Salas, para participar nas probas de 400 e 60 m.l., coa participación conxunta de atletas dende idade xuvenil ata absoluto.

Ás 2 da tarde e na pista ó aire libre, disputábanse os 400 m.l., onde Aleix acadaría a 2ª posición da sua serie cun rexistro de 54,91 seg., rebaixando a sua mellor marca persoal en máis de 4 seg. Con esta marca acada pase directo para poder participar o vindeiro 23 de febreiro no Campionato Galego Xuvenil de pista cuberta, que se celebrará en Expourense.

Na xornada de tarde serían as competicións no módulo cuberto, participando nos 60 m.l. Na serie semifinal acadaría un rexistro de 7,75 seg. o que o levaría a poder participar na final C, onde hora e media máis tarde repetiría o mesmo tempo sendo segundo nésta.

Exit mobile version