Site icon Crónica3.com A Mariña

Brais Diaz Salas medalla de bronce no Campionato galego de pista cuberta

Ribadeo 24-2-19. Esta fin de semana celebráronse en Ourense os Campionatos galegos sub20-18-14-12-10 de atletismo en pista cuberta e ata alí se desprazaron os irmáns ribadenses Aleix e Brais Díaz Salas.

O domingo foi o turno dos sub14, onde Brais participou na disciplina de lanzamento de peso, cun excelente resultado, o terceiro posto que o levaba a subir ó podium e acada-la Medalla de Bronce. Os seus lanzamentos foron de 9,34-8,36-8,34-8,44 m. respectivamente, co que tamén acadaría a sua mellor marca persoal superando a anterior en 5 cm.

Con esto remata a tempada de inverno, na que pese á falta de instalacións e condicións de adestramento, Brais conseguiu a base de traballo e ilusión estar entre os tres mellores galegos da especialidade.

Po-la sua parte e na xornada de sábado, Aleix participaría no campionato sub18 nas probas de 400 e 200 m.l. Unha competición agridoce para o atleta ribadense, posto que non puido estar á altura do esperado po-los problemas físicos que ven arrastrando ó longo da tempada. Nos 400 m.l. acadaría a 8ª posición cun rexistro de 54,58 seg., o que o levaría a rebaixa-la sua mellor marca, pero sufrindo xa problemas musculares. Unha hora máis tarde sería o turno dos 200 m.l., onde Aleix tivo que abandona-la proba a falta de 50 m. po-los citados problemas e a fin de non causar unha lesión máis importante.

Con este campionato, Aleix tamén remata a tempada de inverno, pensando xa en recuperarse ó 100% para poder afronta-lo aire libre en óptimas condicións.

Exit mobile version