Nesta xornada, lúdica e festiva, realizamos unha serie de actividades adaptadas a todos os niveis. Celebramos unha Eucaristía pola Paz, limos un manifesto elaborado polo propio alumnado, ceibamos as pombas da paz etc.
Ademais, como novidade, este ano fixemos un xogo colaborativo desde 3º de Primaria ata 4º de ESO polas rúas da nosa vila. O alumnado dividido en grupos, e guiado por un profesor, debía superar unha serie de probas ata ser capaz de completar as quince no menor tempo posible. Este xogo, no que colaboran moitos establecementos locais (a quen lles reiteramos as grazas), fixo as delicias dos máis pequenos.
Para rematar esta xornada, xa no tempo da tarde, o alumnado do Colexio asistiu a unha función de maxia coordinada polo mago Paredes. O mago deixounos coa boca aberta en cada un dos trucos.
Sen máis, agradecendo a súa atención, reciban un cordial saúdo.