Site icon Crónica3.com A Mariña

“Como se gastan os cartos de todos en Burela”, por Chema González Barcia

Caso práctico para entender qué é un recoñecemento extraxudicial de créditos: hoxe, o Concello de Burela vai aprobar que se paguen con cartos do orzamento deste ano facturas correspondentes ao ano 2018, e que xa tiñan que estar pagadas con cartos do orzamento do ano pasado, pero que non se pagaron porque se acabaron os cartos que había para pagalas. Gastouse o que non se tiña.
Desas facturas que había que ter pagado en 2018, hai un factura de 53.435’05€ polo abastecemento de auga. Unhas poucas de facturas por importe de 10.050’84€ de diversos departamentos, e bastantes facturas por un total de 53.490’23€, porque un concelleiro delegado gastou eses cartos noutras cousas para presumir de que fai moito. O deste señor é para que llo miren, a súa obsesión por deslumbrar é tal que gasta o que tén e o que non tén. Xa no pleno do 2 de abril do ano pasado quedou demostrada a irracionalidade deste señor no que se refire ao gasto da súa delegación, posta en evidencia cun informe dos técnicos municipais, dado que ademais do seu gastara máis de 50.000’00€ en 2017. Este ano volve ás andadas, gastando o del e o que non era del.
A estas alturas, xa se darían conta de que estou a falar do concelleiro de Cultura, que se cré o rei do mambo: así calquera fai cultura e festas, Sr. Concelleiro, hasta vostede. Gústalle moito gastar os cartos de todos, mesmo en petiscos; tanto, que hasta gasta noutras cousas os cartos que hai para pagar a luz de algunhas dependencias municipais. Un exemplo do que non debe ser o comportamento dun concelleiro responsable. E de novo un informe dos técnicos municipais volve a deixar a este concelleiro e ao Alcalde en evidencia.
E todo esto, sen que Alfredo Llano e este concelleiro se poñan colorados nin recoñezan os excesos… Mesmo se siguen a rir cando se lles critica e cando gastan alegremente os cartos de todos…

Exit mobile version