Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado oficial da Deputación de Lugo

Lugo, 12 de febreiro de 2018. Ante a información manipulada e terxiversada feita hoxe polo Partido Popular, o Goberno da Deputación de Lugo traslada o seguinte:

1.- 19 traballadores públicos da Deputación recibiron atribucións temporais de funcións nos últimos meses.

2.- Todas as atribucións temporais de funcións se realizan atendendo unicamente ao labor, traballo ou á responsabilidade que asumen os traballadores públicos para o bo desenvolvemento da actividade que debe prestar a Deputación aos veciños.

3.- Como se debería facer en todas as institucións –ao igual que noutros ámbitos-, a vida persoal ou privada (ideoloxía, relixión, sexualidade, orixe….) dos traballadores públicos – e de todas as persoas- debe quedar sempre á marxe da actividade laboral e ser respectada.

4.- Como noutras moitas ocasións, o PP demostra que non entende de respecto e emprega día si e día tamén aos traballadores públicos da Deputación como arma política, causando danos persoais e atentando contra o dereito á intimidade.

Exit mobile version