Site icon Crónica3.com A Mariña

Corte de auga en Cervo

O Concello de Cervo, con motivo da realización de obras na canalización de auga da estrada Galdín-Avenida da Veiga, procederá este mércores 13, a un corte de auga desde as 10:00 ata as 12:00 horas, que afectará ás seguintes rúas: Avenida da Veiga a partir do centro de saúde (Centro de Día-Residencia, Pavillón da Veiga, campo de fútbol, IES Marqués de Sargadelos). Polígono Industrial de Cuíña (na súa totalidade). Pregamos desculpen as molestias.

Exit mobile version