Site icon Crónica3.com A Mariña

Discurso na convención do Partido Demócrata Europeo Bilbao PDE-EDP, 8 de Febreiro de 2019, Bilbao”, por Xoán Carlos Piñeiro

Transmito en nome de Compromiso por Galicia o noso mais profundo agradecemento ao Partido Demócrata Europeo polo convite a participar neste foro. Como bo galego quero dar as grazas antes de comezar ao EAJ-PNV, “eskerrik asko” Andoni. O Partido Nacionalista Basco é para nós o irmán maior, ben, quizáis é mais como o noso avó, tendo en conta a súa idade centenaria e a nosa xuventude. Apertas a todos os membros do Partido Demócrata Europeo desde o noso Finisterrae continental, o País atlántico que é Galicia.

En relación á política do Estado español, os que me precederon no uso da palabra, EAJ-PNV e CC, xa afondaron en cuestións importantes. Mais humildemente eu vexo dúas anómalias políticas na política estatal: Podemos e as suas confluencias e Vox. Dous movementos que se retroalimentan e que non sendo o mesmo, asistimos á sua auxe dentro do fenómeno populista de Europa. En canto a C´s opino o mesmo que o noso veciño de Portugal Antonio Marino que falou com anterioridade sobre unha realidade que é un feito: non é democrata quen pacta con fascistas.

A desgracia política no Estado español e a perda do diálogo e a agresión continua feita contra á bilateralidade, bilateralidade como esencia mesma da política. A esta desgracia, asistimos nestes dias a un movemento que alza contra calquera intento de recuperar a senda do dialogo e da política. A Compromiso por Galicia preocupalle Vox e todo o que poderia representar o seu resultado nas europeas, contra iso traballaremos fondamente, defendendo a democracia e os valores comúns europeistas.

Na miña nación Galicia non plantexamos tan siquer a identidade europea, xa que ela forma parte do noso ADN. Un europeismo froito de séculos dos Camiños de Santiago que conectaron desde tempos antergos Galicia con Europa.

É certo que miramos a Europa para solucionar problemas de Galicia que non pode o Estado nin a autonomía, nas nosas preocupacións está a crise demográfica e a ordenación da emigración e tamén o Brexit que vai afectar á nosa flota, a máis grande a traballar en augas do Reino Unido e que representa o 3% do noso PIB. Asi mesmo, a PAC é un dos piares sobre os que Compromiso por Galicia imos traballar con toda a intensidade precisa para camiñar nunha agricultura mais humana, mais ecolóxica e mais pegada á terra.

Levamos xa de dous anos traballando neste sentido europeista de dar forza a Galicia nos centros de poder e decisión, Galicia é unha nación sen Estado, queremos unha Europa plena que sexa o noso estado. Galicia é Europea ou non é

A importancia do PDE radica en ser pragmáticos, pedagóxicos e cercanos. Unha mensaxe sincera e ilusionante sobre Europa. Cómpre ilusionar a xente nun proxecto común, contra o populismo e a demagoxia.

CxG aportará o máximo. Grazas dende a nación de Breogan.

Exit mobile version