Ribadeo 26-2-19. O colectivo de En Marea de Ribadeo ven de tomalo acordo de apoiala proposta de que a edición do Ribadeo Indiano de 2019 teña unha vertente adicada a solidariedade co pobo cubano, tralos estragos causados polo tornado que azotou a La Habana no pasado 27 de xaneiro.
Como xa se ten anunciado o Hospital Materno Hijas de Galicia sufriu gravísimos danos, que obligaron a evacuar á totalidade das nais nenos alí atendidos e mesmo ao persoal sanitario.
Mesmo lembramos a laboura de asistencia social e sanitaria deste centro, que foi especialmente exemplar ao longo de moitas décadas da século vinte na atención a mulleres galegas en graves situación de desamparo e marxinación.
En consecuencia compartimos e apoiamos a idea de que xunto cas actividades festivas e culturais propias deste tipo de eventos, como é o Ribadeo Indiano, este ano adicado á Cuba, haxa tamén un tempo e un espazo para a solidariedade co pobo cubano en forma de apoios económicos voluntarios por parte das persoas, colectivos e institucións que desexen incorporarse a esta iniciativa.
En Marea Ribadeo