Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea Mondoñedo califica de “lamentabéis” as condicións nas que se atopa o Camiño de Santiago, ao seu paso polo noso concello debido ás obras que está a realizar a empresa Norvento para levar a cabo o parque eólico de Sasdónigas

Mondoñedo 20-2-19. Pese ás reiteradas advertencias que levamos facendo durante meses, o atentado patromonial é evidente, e van a amosar unha triste imaxe que os pelegríns teñén que sufrir. Manuel Germade, coordinador local, declara que mentres a xunta de goberno adícase a publicitar o Camiño Norte, a realidade é outra: están a estragar unha fonte de ingresos moi importante como é o turismo.

Tal e como subliñou o noso voceiro nacional, Luís Villares, na rolda de prensa do pasado luns no Parlamento galego, mentres a Xunta anuncia unha inversión de 15 millóns de euros para coidar e preservar o Camiño de Santiago, é que se está estropeando para beneficiar intereses privados.

No caso de Mondoñedo, este parque eólico afecta a outros elementos patrimoniais como o xacemento ecolóxico de Cabana de Vella ás Neveiras de Zoñán así como ás construccións de pedra en seco que son patrimonio da humanidade.

As afectadas manifestan que nos catro primeiros días de levantamiento de actas previas á expropiación non conseguiron que nin a empresa beneficiaria nin a Administración foran a facer ás medicións ‘in situ’, como marca a leí, aprazando estes actos día tras día ata o luns 18. Nos días intermedios, fixéronno ás agochadas das veciñas e sen o seu consentimento para entrar nas súas propiedades. Tanto a empresa como o perito designado pola Xunta, accederon sen permiso ás fincas que van ser expropiadas para facer unhas medicións ilegais e que demostran a parcialidade da Administración neste asunto.

Rematando as citacións para as actas previas e faltando moitas fincas por levantar, non se citou nin se emplazou ás afectadas para unha xornada de continuación do acto.

Estes veciños sospeitan que estas actas levantáronse por non comparecentes, o que mantén o estado de incertidume, ansiedade e indefensión na veciñanza. En Marea Mondoñedo seguimos onde sempre estivemos: ao carón deles e en contra da depredazón.

Exit mobile version