Site icon Crónica3.com A Mariña

Excursións do CEIP de San Cosme de Barreiros

Os alumnos do CEIP San Cosme de Barreiros gozan dunha dobre saída. Os máis maiores partiron á primeira hora da mañá cara á estación de esquí de Leitariegos (Asturias) onde gozarán de tres días de deporte e diversión. Paralelamente os alumnos de menor idade viaxaron este mércores a Gijón para visitar o Acuario e dar un paseíto pola praia de San Lorenzo. Todos o están a pasar en grande nos seus respectivos destinos.
Excursións organizadas polo equipo docente do CEIP San Cosme.

Exit mobile version