Site icon Crónica3.com A Mariña

Homenaxe a Manuel Bujados en RegalXunqueira

Viveiro 22-2-19. Co motivo do 30 aniversario do nacemento do pintor viveirense e Simbolista, Manuel Bujados (Viveiro 1889-Belle Ville, Córdoba Arxentina 1954) Lage-Seara expón una colección no Centro Regal Xunqueira.
O artista é un dos máis grandes ilustradores de principios do século XX, o Gustav Klimt ou Beardsley, español que debuxaba para Edgar Allan Poe ou Oscar Wilde, pintor, úsico e poeta. Foi o precursor do prerrafaelismo inglés e o Art Decó.
Na súa época colleitou éxito profesional, además de aportar innovación e calidade.
É unha aposta clara pola divulgación do seu legado artístico, vencellado a un mundo máxico, fantástico, místico, fúnebre, melancólico…Na arte é moi recoñecido, quizais xunto a Maruja Mallo, os máis internacionais.

Membro dunha familia de comerciantes de orixe valenciano con intereses económicos, na Arxentina. A fortuna herdada polo seu irmán, que apostou pola súa valía, permitiulle estudar Enxenería industrial ou viaxar polas principais capitais de Europa e América.
Tío dos fillos do rockefeller galego, Antón Fdz. Descuberto por José Francés, fixo portadas de libros para Concha Espina, para revistas como Nuevo Mundo, ou deseños de roupa hoxe exhibidos en Venecia.Veremos algúns dos traballos para a prestixiosa “La Esfera”, unha revista de luxo, 1914-1931 a cor e con bos acabados. Considerouse a mellor da época a nivel mundial, cun prezo de 50 cts, 10 veces u xornal. na que colaboraron Emilia Pardo-Bazán, Unamuno, Jacinto Benavente, José Francés, Kaulak, Pérez de Ayala, Wenceslao Fernández-Flórez, Juan Ramón Jiménez, Manuel Machado,
Blasco Ibáñez, Valle Inclán…
A mellor forma de estudalo, velo e vivilo, de facerlle un homenaxe, un guiño real
a súa figura, e que persita no tempo un persoeiro tan importante para o Arte Nacional.
A día de hoxe, teñen no seu depósito obras del institución públicas coma a Deputación de Lugo, Xunta, privadas coma Abanca ou particulares.

Regalxunqueira, quere agradecer a colaboración especial de Antonio Lage Seara, por prestarnos unha parte do material expositivo e as irmans Blasco, a Ana por facilitarnos o inventario total da obra e compartir con nos moitas anécdotas a nivel familiar. A Berga Blasco, por deixarnos a tesina de final de carreira que fixo sobre o seu tioavó.
Tamén queremos agradecer ós anticuarios de Madrid e Barcelona, por axudarnos a conseguir os libros ilustrados por Manuel Bujados, e os 3 gravados dunha edición limitada de 100 exemplares, que aquí expoñemos.
E por último agradecerlle a Alicia Muñiz, becaria en Regalxunqueira, que configurou, escaneou e montou toda a estructura desta exposición.
Regalxunqueira, con esta nova homenaxe a este pintor nacido en Viveiro, quere configurar o continuo agradecemento e recordó, a artistas desconocidos ou esquecidos, como sucedeu con Mauja Mallo, Carlos Oroza e agora Manuel Bujados

Exit mobile version