Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción de “Foz, plataforma de Futuro” para instar ó equipo de goberno a mellorar o aceso peonil da nova residencia de maiores

Foz 26-2-19. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi ,presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Estamos a piques de inaugurar a nova residencia de Maiores do noso Concello, residencia demandada por todos os grupos políticos das distintas Corporacións Municipais deste Concello ó longo dos últimos anos. Unha reivindicación que esperemos sexa unha realidade nos vindeiros días, e poder dar ós nosos maiores unhas dependencias melloradas o cen por cen das actuais e como eles se merecen.
Dende “Foz, Plataforma de Futuro” traballamos de arreo para que esta nova residencia fora unha realidade, e vamos seguir traballando en mellorar as condicións de vida dos maiores do noso Concello.
Por iso, con esta intención, observamos nos últimos días que pode haber un pequeno problema, pero entendemos que fácil de solucionar co aceso peonil dos nosos maiores da nova residencia, así como, das persoas que van a ir visitalos camiñando. Observamos como o aceso tanto de vehículos como peonil da nova residencia vai ser a través da Rúa do Cementerio, e como é coñecido por todos, esta rúa hoxe en día resulta moi perigoso para camiñar por ela por carecer de beirarúas para os peóns, e a cantidade de tráfico que circula por esta.
Todo isto vai facer moi perigoso que os nosos maiores, así como as persoas que se acerquen andando, saian ou entren da nova residencia pola Rúa do Cementerio.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz faga as xestións oportunas para mellorar o aceso peonil da nova Residencia de Maiores do noso Concello, e a ser posible se facilite a saída e entrada peonil dos maiores e visitantes hacia a Avda. de Cervantes.

Exit mobile version