Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción de “Foz, plataforma de Futuro” para instar ó equipo de goberno á realización dunha ordenanza para regular os aparcadoiros e o tráfico das rúas Álvaro Cunqueiro e Avda. da Mariña

Foz 27-2-19. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi ,presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Coa remodelación das dúas arterias principais do noso Casco Urbano, como son a Rúa Álvaro Cunqueiro e Avda. da Mariña, houbo un importante cambio no tráfico, así como nos aparcadoiros. Zoas de carga e descarga, aparcamentos cun máximo de 45 minutos, aparcamentos sen tempo establecido, e tamén, aparcamentos para minusválidos. Así tamén como o paso de vehículos pola Avda. da Mariña, xa que temos entendido que o paso establecido para non residentes nin vehículos que vaian facer algunha compra ó noso comercio debería ser pola rúa Álvaro Cunqueiro. Así mesmo temos a velocidade limitada a 20Km/h e preferencia de paso ós peóns.
Todas estas circunstancias nos fan pensar á nosa formación que pode existir un vacio legal para regular estas e outras circunstancias que se poidan producir, facendo posible que distintas multas que se poidan poñer por non cumprir algunha destas normas poidan ser nulas.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:
-Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz faga as xestións oportunas para a redación dunha ordenanza por parte da Policia Local para regular as incidencias anteriormente expostas, así como, algunha mais que os técnicos correspondentes poidan observar., e se traiga a súa aprobación á Corporación Municipal no menor tempo posible.

Exit mobile version