Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración de MODEPEN

Ribadeo 31-1-19. Nova e lamentabelmente, o grupo de xubilados encadrados en MODEPEN, vamos concentrar-nos este sábado no Concello de Ribadeo, ante a falta de acordo dos grupos políticos e sindicais dentro do Pacto de Toledo para crear un marco de futuro que garantice as pensións.
Consideramos que os principais grupos políticos están máis ocupados nas próximas citas eleitorais que en diseñar planes de futuro para as nosas pensións. Por todo esto face-mos un chamamento á reflexión sobre quen merece o noso voto nas próximas convocatorias, e a necesidade de seguir manifestándonos até que garantan unhas pensións dignas e ligadas ao IPC.
Sábado día 2 diante do Concello de Ribadeo

Exit mobile version