Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración dos pensionistas de Barreiros

Barreiros 15-2-19. Como cada venres os pensionistas concéntraronse e deron lectura a este texto:
Bons días, compañeiras e compañeiros. A situación das nosas pensións sigue sendo precaria, e a súa posible solución sigue sendo complexa. Nos últimos tempos, no Estado Español viñéronse sucedendo gobernos e exercicios económicos nos que non se aprobaron os orzamentos e as nosas pensións non puideron ver consolidados os mínimos avances que experimentaron, fruto exclusivamente da nosa loita.
Hoxe, hai dúas horas, o Presidente do goberno vén de anunciar eleccións xerais para o 28 de abril. Polo tanto temos que seguir facéndonos oir, temos que conseguir que as nosas reivindicacións sexan tidas en conta e formen parte da axenda política e do programa de goberno de todos os grupos políticos, porque do contrario, as pensións galegas seguirán estando a cola no estado, coma tantos outros servizos, coma a sanidade ou todo o referido ao benestar social.
Polo tanto, compañeiras e compañeiros, non podemos depender dos intereses políticos partidarios do goberno de turno, nin podemos depender da maior ou menor sensibilidade social de cada goberno. Temos que depender de nós mesmas e facer que @s nos@s representantes políticos fagan propia a nosa táboa reivindicativa.
E eso conseguirémolo coa mobilización e a autoorganización na loita.
Adiante coas nosas reivindicacions¡¡

– Derrogación das reformas laborais

– Aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores

– Supresión do factor de sustentabilidade. (a súa aplicación está aprazada ata 2023, mais é necesaria a súa desaparición)

– Pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional

– Recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos, e voluntaria a partir de ter cotizados 35 anos, reais ou por aplicación dos coeficientes redutores en determinadas profesións.

– Consolidación da actualización anual das pensións en base ao IPC

– Blindaxe do sistema público de pensións

– Pensións dignas e con poder adquisitivo

Exit mobile version