Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo mantivo un encontro cos membros da asociación de xubilados Terramar

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, mantiveron un encontro coas persoas integrantes da asociación de xubilados Terramar. Este colectivo, que suma preto de 200 socios/as na actualidade e que ten o seu local social na Casa do Mar de San Ciprián, quixo crear e compartir con toda a veciñanza un recuncho moi especial na planta baixa deste edificio, protagonizado por diferentes instantáneas representativas da vila de San Ciprián e da súa relación co mundo mariño, presidido por unha placa simbólica de Sargadelos.

Exit mobile version