Site icon Crónica3.com A Mariña

O bng de Viveiro sumouse á manifestacion en defensa da sanidade publica galega que tivo lugar hoxe en Compostela

Viveiro 10-2-19. Os nacionalistas de Viveiro reclaman a recuperación da Area Sanitaria da Mariña e acusan ao PP de desmantelar os servizos de atención primaria da Mariña e hospital da Costa, poñendo en grave perigo a saúde d@s mariñáns. O bng de Viveiro ven denunciando desde hai tempo a precariedade laboral e o deterioro dos servizos cos que se ve obrigado o persoal sanitario do Centro de Saúde de Viveiro a prestar atención profesional aos usuari@s do centro viveirense. Por último, cabe recordar que desde o BNG vense de demandar á Xunta, a travès dunha moción presentada no concello, as seguintes melloras para o CSaude da vila: 4praza médica na queda de tarde, crear o servizo de fisioterapia na quenda de tarde, dotar ao PAC de dúas equipas completas con persoal médico e de enfermería os 365 días e cubrir a praza de pediatría vacante.

Exit mobile version