Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG reclama servizos sanitarios e máis orzamentos para Burela e A Mariña

Burela, 8 Febreiro 2018. Este Xoves celebrouse pleno ordinario no Concello de Burela cunha orde do día carente de iniciativas do goberno, como de costume, no que o protagonismo foi para as iniciativas defendidas polo BNG. Os nacionalistas reclamaron o servizo de fisioterapia para o Centro de Saúde porque “é o único centro da comarca carente deste servizo e os doentes non poden acceder ós outros centros de saúde da Mariña, polo que cando se lles prescribe este tratamento teñen que acudir a centros privados de pago” sinalou Mario Pillado do BNG. “Tamén pedimos á Xunta que non se retire o servizo de logopedia para nenos maiores de 6 anos derivados dende o Hospital da Costa,que van ser enviados a Lugo, e que se asegure a continuidade do servizo para os mais pequenos na Unidade de Atención Temperá” engadiu o voceiro nacionalista.
O que mais sorprendeu foi a postura do grupo popular, que dixo estar a favor destes servizos pero “presentaron unha emenda de sustitución cando o tiñan moi fácil para votar a favor. Se a súa emenda non decía nin mais nin menos que a moción o lóxico, coherente e honesto era votar pola moción” indicou Pillado, moción que finalmente foi aprobada. O mesmo aconteceu con outra moción, neste cado provinte da Plataforma Sanitaria da Mariña, que reclamaba que se asegurase a atención pediátrica na Mariña e na que o PP xogou o mesmo papel presentando unha emenda de sustitución para reclamar o mesmo, co mesmo resultado.

Populares e socialistas antepoñen os intereses paeridistas en Madrid ó interese da veciñanza.
Noutra iniciativa o BNG opoñíase ó proxecto de Orzamentos do Estado 2019, por supoñer un golpe baixo para Galiza e sobre todo A Mariña, reclamando que os deputados galegos en Madrid demandasen medidas para Galiza e A Mariña. “Melloras na liña de Feve Ferrol-Ribadeo, axilización da A-74 non só no tramo Barreiros-Foz senón tamén no Foz-Burela e Burela-San Cibrao e melloras das Estradas N-642 e N-634, son demandas xa históricas que temos que defender continuamente porque o Estado leva décadas de retraso na Mariña, o que afecta á veciñanza de Burela” recordou o portavoz dos nacionalistas.
Aquí tanto PSOE coma PP colocáronse de perfil, excusándose en matices para rexeitalas medidas que se reclamaban, como o feito de rexeitar a derogación da prórroga de ENCE ou unha tarifa eléctrica galega que rebaixe o recibo da luz a veciños e empresas. “excúsanse nos seus interes partidistas porque teñen que render contas xa non en Santiago senón en Madrid. Estou seguro que os señores Llano e Barcia están dacordo coas medidas reclamadas, seguramente saben que a tarifa eléctrica galega é a mellor solución para baixar a factura da luz, pero non poden defendelo porque responden a interes partidistas e os seus partidos deben contas ás grabdes eléctricas. Por iso nos votamos a favor dstas medidas en favor da veviñanza e eles teñen que votar en contra diso” insistiu Pillado.

Alfredo Llano non deu solución nengunha ós traballadores do concello.
No turno de rogos e preguntas o voceiro do BNG interpelou ó alcalde sobre a problemática da RPT, reclamación dos empregados do concello, pero o alcalde como de costume, “non deu solución nengunha mais alá de recordar que van seguir negociando e que vai contemplar no documento os mestres da Esxola de música o persoal dos Centros de drogodependencias e atención temperá, pero non dos socorristas, algo que cconsideramos un erro posto que sabe que os vai ter que contratar. Só lle pedimos que sexa xusto cos traballadores, pero semella que non os vai ter en conta” finalizou Pillado. Os nacionalistas tamén se interesaron polo papel do concello nas actividades arredor do 8-M, propoñendo que no Día de Rosalía, 24 de Febreiro se reinvindique á poetisa como figura feminista, para ir así preparando a xornada de reinvindicacións a prol da Igualdade.
.

Exit mobile version