Site icon Crónica3.com A Mariña

O Cenima, de Foz, acollerá o 25 deste mes unha xornada informativa sobre axudas e servizos para as pemes galega

A Mariña, 20 de febreiro de 2019. O vindeiro luns, 25 de febreiro, terá lugar en Foz no Cenima unha xornada informativa sobre as axudas e servizos destinados ás PEMES galegas. A cita está organizada pola Xunta, que conta coa colaboración da FCAM e do Concello focense.
A xornada será inaugurada polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e de seguido desenvolverase a sesión na que se explicarán as liñas de apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Intervirán: Sol Vázquez Abeal, directora xeral de Comercio e Consumo; Juan Manuel Cividanes Roger, director xeral del IGAPE; Juan José Lirón Lago, subdirector xeral de Emprego; e Curro López Martínez, subdirector de información do IGAPE.
Ás 20:00 horas rematará a xornada informativa coas intervencións do alcalde de Foz, Javier Castiñeira; o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Francisco Conde López. Acto seguido haberá un networking durante o cal os representantes da Consellería atenderán, de xeito individualizado, as consultas e dúbidas dos asistentes. Tamén se servirá un viño galego.
A FCAM anima ás empresas mariñás a asistir a esta cita o vindeiro luns, 25 de febreiro, en Foz.

Exit mobile version