Site icon Crónica3.com A Mariña

O concelleiro de Cultura, José Díaz, repartiu esta mañá 1.500 marcapáxinas coa imaxe de Rosalía de Castro entre o alumnado dos CEIP Virxe do Carme e Vista Alegre e dos IES Monte Castelo e Perdouro e tamén entre os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal

Burela, 22 de febreiro de 2019. O concelleiro de Cultura, José Díaz, repartiu esta mañá 1.500 marcapáxinas coa imaxe de Rosalía de Castro entre o alumnado dos CEIP Virxe do Carme e Vista Alegre e dos IES Monte Castelo e Perdouro e tamén entre os usuarios e usuarias da Biblioteca Municipal. O acto enmárcase na programación deseñada polo Concello para conmemorar o Día de Rosalía, que se celebra o 24 de febreiro.
O edil burelés explicou que “esta é unha boa maneira de que todos os pequenos e pequenas afeccionados á lectura teñen durante tempo, porque os marcapáxinas duran, esa imaxe de Rosalía na cabeceira dos libros que están a ler. Perpetúase no tempo e permañece con eles máis aló do día da homenaxe á escritora galega“.
O domingo, 24 de Febreiro, ás 20:00 horas proxectárase no Auditorio Municipal o filme Contou Rosalía (2018), elaborado pola produtora Zenit TV e a TVG. Unha longametraxe que conta cun elenco encabezado pola actriz Melania Cruz como Rosalía de Castro e o actor Fran Lareu como Manuel Murguía. Tamén participan Ledicia Sola, Celso Parada, Alejandro Jato, Tamara Canosa, Josito Porto e David Perdomo. É unha película nominada en 7 categorías nos XVII premios Mestre Mateo que organiza a Academia Galega do Audiovisual, cuxa gala de entrega terá lugar o 2 de Marzo no Palacio de la Ópera da Coruña. A entrada a dita proxección será de balde

Exit mobile version