Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro celebra o Día de Rosalía de Castro

Viveiro, 20 de febreiro de 2019. Rosalía de Castro, figura emblemática do Rexurdimento Galego, naceu o 24 de febreiro de 1837; conmemorando esta data, cada 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro e o Concello de Viveiro, a través da Concellería de Cultura, súmase a este efeméride, como xa leva facendo estes últimos anos -cómpre lembrar, neste sentido, que o ano pasado se colocou un vinilo na biblioteca municipal, coa silueta de Rosalía e cuns versos dela, e se repartiron marcapáxinas creados para esta data-. Neste ano 2019, o concello vai desenvolver o proxecto denominado “Andares Gallegos”, unha iniciativa que nace coa pretensión de levar a obra de Rosalía á rúa e coa vontade de ter continuidade nos vindeiros anos, ampliando, cada ano, a súa extensión e proxección.
Dentro do proxecto, que desenvolve a empresa viveirense LAG, nesta primeira anulidade vanse realizar dúas accións diferentes. Unha primeira, que queremos que sexa sorpresa e que será descuberta o dia 24 de febreiro nas rúas do municipio, e unha segunda, que se levará a cabo o día 25 de febreiro, na biblioteca municipal.

O vindeiro luns, todos os socios que se acheguen á biblioteca municipal para coller un libro prestado serán agasallados cunha tote bag ilustrada cuns versos de Rosalía de Castro; distribuiranse 100 unidades, só se entregará unha por carnet e tamén poderán participar nesta acción todas aquelas persoas que se asocien á biblioteca o propio luns.

A alcaldesa,
María Loureiro García

Exit mobile version