Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro organiza charlas ao alumnado sobre o Raid Gallaecia

Viveiro, 20 de febreiro de 2019. O Concello de Viveiro, a través da Concellaría de Educación, e a organización da Raid Gallaecia organizaron unhas charlas dirixidas aos escolares do municipio co fin de dar a coñecer esta importante proba deportiva e explicar ao alumnado como se vai desenvolver.

Estas charlas tiveron lugar na mañá de hoxe. No Teatro Pastor Díaz, impartiuse aos alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria dos centros escolares; a continuación, impartiuse aos alumnos de 4º da ESO e de 1º de bacharelato, en cada un dos instititutos do municipio.

Nestas charlas, Pablo López, un dos organizadores da Raid Gallaecia, explicoulles aos rapaces como se vai desenvolver a carreira, que disciplinas e probas inclúe e cal é o material que van empregar aos participantes, entre outras cuestións; ademais, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de formular os membros da organización as súas dúbidas e preguntas.

Exit mobile version