Site icon Crónica3.com A Mariña

O Goberno de Pedro Sánchez desbloquea a redacción do proxecto Burela-Foz da Autovía da Mariña, tal como se pode comprobar no anuncio que publicou o ministerio de Fomento onte, mércores, 20 de febreiro, no Boletín Oficial do Estado, explica a subdelegada

Lugo 21-2-19. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, lamenta que o Partido Popular pretenda atribuirse desde a oposición a redacción dos proxectos de trazado e construción que permitirán executar o treito Burela-Foz da A-74.

A subdelegada do Goberno lémbralle ao PP que tivo tempo dabondo mentres estivo no Goberno para redactar os proxectos e mesmo para executar as obras, pero no lugar de facelo, este partido político o que fixo foi manter bloqueada, dende o ano 2017, a formalización do contrato para redactar os devanditos proxectos.

O BOE non minte e deixa en evidencia que foi o ministerio de Fomento do Goberno de Pedro Sánchez quen se preocupou de desbloquear unha situación que o PP mantivo empatanada durante anos porque nunca defendeu os intereses dos veciños da Mariña nin do resto da provincia de Lugo.

Exit mobile version