Site icon Crónica3.com A Mariña

O luns, día 18, celébrase do Día Mundial da Síndrome de Asperger. Para conmemorar esta data a asociación Capaces, o Concello e Cine Ribadeo organizan unha sesión de cine en familia destinada a aquelas persoas cunha sensibilidade especial ás necesidades das persoas con autismo

A película que se proxectará será “La Lego Película 2” ás 18:00 horas e o prezo das entradas será de 4,50 euros. Desde a Concellaría de Servizos Sociosanitarios animan “a asistir a esta cita para así amosar o apoio da veciñanza a aqueles nenos e nenas con Síndrome de Asperger”.

Exit mobile version