Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular presentará aos lucenses un programa de provincia construído entre todos

Lugo, 20 de febreiro, 2019. O Partido Popular presentará aos lucenses un programa de provincia que será construído entre todos. Así o avanzou a presidenta provincial do PP, Elena Candia, no transcurso da reunión da Xunta Directiva Provincial que se celebraba esta tarde e na que participaron cargos orgánicos do Partido, alcaldes e voceiros municipais.

Candia avanzou que “a vindeira semana iniciaremos reunións polos distintos partidos xudiciais coas que recolleremos ideas que contribuirán á elaboración do programa electoral provincial de cara aos comicios do vindeiro 26 de maio”. Deste xeito, “o Partido Popular abrirá un proceso participativo que permita a construción, entre todos, do noso programa de Goberno para a Deputación Provincial onde se teña en conta a tódolos lucenses”.

A dirixente dos populares explicou tamén que “con esta iniciativa pretendemos achegarnos a coñecer máis de preto as necesidades das distintas zonas da provincia para plasmar no programa electoral provincial do PP as ideas que nos trasladen os lucenses”.

O Partido Popular da provincia de Lugo traballa xa na elaboración do programa e mesmo ten reforzado os seus órganos co obxectivo de avanzar nestes labores.

Traballo a prol de tódolos lucenses
Esta nova reunión da Xunta Directiva Provincial dá continuidade á liña de traballo marcada pola dirixente dos populares lucenses que permite traballar dende o Partido tratando de ser útil para tódolos lucenses. Neste caso, na elaboración do programa electoral provincial.

Exit mobile version