As obras de mantemento dos colexios públicos son de competencia municipal polo que, o PSOE decidiu presentar ao pleno deste xoves, unha moción para instar ao alcalde Castiñeira e ao seu equipo de goberno a acometer, con urxencia, ás labores de mantemento necesarias, sobre todo, para garantir a seguridade dos alumnos e alumnas do centro e a súa vez evitar que se continúe deteriorando o cerramento do perímetro do colexio.
Mostrámonos satisfeitos de acadar o apoio unánime da corporación e estaremos atentos a que, no menor prazo de tempo posible, se execute o acordado – manifesta o voceiro grupo municipal socialista Chema Linares