“Poñemos en marcha un espazo de posta en común da visión de todas as mulleres, no que por exemplo se poidan compartir experiencias e coñecer a realidade das mulleres que viven no rural e as que o fan nun ámbito máis urbano”.
López Izquierdo destacou que o grupo, que manterá reunións periodicamente, está integrado por mulleres de distintas agrupacións socialistas lucenses e con diferentes profesións: avogadas, economistas, enxeñeiras, traballadoras da administración pública, amas de casa…
“Afondaremos nas peculiaridades, necesidades e oportunidades de cada territorio, poñéndoas en común co obxectivo de ofrecer aos veciños e veciñas políticas útiles e construtivas que redunden, neste eido, na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, e facendo especial fincapé na situación das mulleres rurais”.
O da Muller forma parte dos 5 grupos de traballo que o PSOE Provincial puxo en marcha para propoñer políticas construtivas e útiles sobre distintas temáticas: sanidade e servizos sociais, educación, sustentabilidade rural e cultura.