Site icon Crónica3.com A Mariña

O Volei, protagonista na Mariña por medio das EDM Cervo

Cervo 7-2-19. O traballo destes últimos anos na parcela do volei segue a dar os seus froitos nas Escolas Deportivas Municipais de Cervo. Da man dos Adestradores Samuel Donker e de Román Mon preto de 50 rapaces e rapazas dende edade benxamín ata xuvenil adestran os luns e mércores no pavillón de A Veiga de San Cibrao.
Este sábado pasado desprazáronse a Lugo para a disputa dunha serie de encontros diante do Emevé de Lugo dentro das xornadas de deporte escolar, e hai pouco tempo tamén, no Nadal disfrutaron do Torneo de Volei de Narón.
En Lugo estiveron os equipos alevín feminino, infantil, cadete e xuvenil. Os partidos foron competidos, destacando a actuación do equipo alevín feminino.

Exit mobile version