Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do Día da Muller en Cervo

Cervo 22-2-19. Foi presentada este venres a programación con Motivo do Día da Muller, na que participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller, Pilar Armada, e representantes das diferentes asociacións (Alborada, As Espalladoras, Mulleres en Igualdade, Mulleres de San Cibrao).

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá lugar a tradicional Cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas en asistir poden retirar as súas tarxetas na Casa da Cultura.

Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante este mes, no que participaron 10 parellas ao parchís e 9 ao tute; ademais tamén se sortearán distintos agasallos, cortesía das asociacións.

A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na Casa do Mar.

O 17 de marzo, a Secretaría Xeral de Igualdade achéganos tamén a representación teatral “Igual a Nós” (reflexión grupal e performace contra a violencia de xénero). Será ás 18:00 horas, na Casa do Mar.

E para o 23 de marzo, a delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, programou un seminario gratuíto de defensa persoal, a cargo da Escola de Defensa Persoal & Policial HKF. Será na Casa do Mar, en horario de entre 16:30 e 20:00 horas.

As interesadas poden anotarse ata o 18 de marzo, na Casa da Cultura. As prazas son limitadas. Máis información: 982 59 51 57.

Exit mobile version