Isabel Rodríguez remarcou “o compromiso do Goberno coa provincia de Lugo, que queda patente co esforzo que está a facer Fomento para garantir o bo estado da rede estatal de estradas, logo de anos de abandono”. Tamén destacou que con estas obras de mellora do firme “aseguramos a conservación das principais vías de comunicación da provincia, pero ademais contribuímos a mellorar a seguridade vial, que é o noso principal obxectivo”.
A subdelegada inspeccionou os traballos de mellora do firme que nesta fase se están a ultimar hoxe no municipio de Abadín. Esta actuación inclúese no plan de posta a punto do firme na N-634, a N-VI, a N-540 e a N-120 e conta con un presuposto total de 2,22 millóns de euros. A actual fase das obras de emerxencia na N-634 afectan aos concellos de Abadín, Vilalba, Lourenzá e Barreiros.
Fomento xa leva investidos en obras de conservación nas estradas da provincia máis de 21,1 millóns de euros e contaba con unha partida de 26 millóns de euros para o mesmo fin no proxecto dos Presupostos Xerais do Estado para este ano.