Site icon Crónica3.com A Mariña

Vindeiras actividades do programa Catuxa

A Mariña, 14 de febreiro de 2019. Continúa o programa CATUXA, de sensibilización sobre a violencia de xénero e a igualdade entre mulleres e homes, destinado á poboación adolescente, e promovido pola Mancomunidade de municipios da Mariña Lucense.
Neste mes de febreiro as actividades programadas están dirixidas a alumnado de 3º e 4º de ESO do IES de Foz, IES Alfoz-Valadouro e IES Enrique Muruais de A Pontenova.
O alumnado de 3º da ESO do IES de FOZ participará nunha actividade dirixida a desmontar as mensaxes e pensamentos machistas a través da música: analizando e rompendo cancións.

18 e 25 de febreiro
Actividade: Analizando e rompendo cancións: busca e substitución de mensaxes machistas
Hora: 16:00 horas.
Lugar: IES de FOZ. Rúa Castelao, s/n. 27780 Foz- Lugo
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).

22 de febreiro
Actividade: Intelixencia emocional e habilidades persoais
Hora: 13:20 horas.
Lugar: IES ENRIQUE MURUAIS. Zona escolar, s/n. 27720 A PONTENOVA (LUGO)
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).

25 de febreiro
Actividade: Intelixencia emocional e habilidades persoais
Hora: 12:55 horas
Lugar: IES Alfoz-Valadouro. Estrada Mondoñedo-Ferreira, s/nº 27.775 San Pedro de Mor – Alfoz (Lugo)
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).

26 de febreiro
Actividade: Analizando e rompendo cancións: busca e substitución de mensaxes machistas
Hora: 12:50 horas
Lugar: IES de FOZ. Rúa Castelao, s/n. 27780 Foz- Lugo
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).

26 de febreiro
Actividade: Analizando e rompendo cancións: busca e substitución de mensaxes machistas
Hora: 16:30 horas
Lugar: IES ENRIQUE MURUAIS. Zona escolar, s/n. 27720 A PONTENOVA (LUGO)
Intervén:
– EQUIPO CATUXA (RETNOVA Proxectia Consulting).

Exit mobile version