Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de portas abertas este luns 18 no CEIP San Cosme de Barreiros

Barreiros 16-2-19. O cole de San Cosme organiza unha xornada de portas abertas o luns 18 de febreiro a partir das 12 do mediodía.
A visita, á que están convidados tanto maiores como pequenos, farase coincidir coa hora do recreo para que poidan xogar un intre cos alumnos actuais e coñecer aos que poderían ser os seus futuros compañeiros.
O equipo docente encargarase de mostrar as instalacións, explicar os horarios, os proxectos que desenvolven, programas en que están involucrados, material de traballo e recursos complementarios, así como os servizos de transporte e comedor.
Entre os proxectos en que traballan na actualidade, no CEIP San Cosme destacan o horto escolar, novas tecnoloxías no ensino, a Biblioteca adherida ao Plambe (Plan de Mellora de Bibliotecas Ecolares) e unha iniciativa para implantar a reciclaxe en colaboración con Sogama.

Exit mobile version