Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza aberta do BNG de Viveiro: como mellorar a política cultural e o asociacionismo

Dende o BNG de Viveiro estase a organizar unha serie de encontros sectorais abertos a toda a veciñanza e colectivos viveirenses que desexen participar nos mesmos coa finalidade de aportar propostas e ideas para, entre todas e todos, elaborar un proxecto de goberno que sirva para mellorar a vida das persoas e transformar Viveiro no concello referente da Mariña. Este sábado as 12 da mañá no local, farese un encontro no que se abordará como mellorar a política cultural e o asociacionismo de Viveiro.

Exit mobile version