Site icon Crónica3.com A Mariña

A Gramola Gominola trae o seu espectáculo musical “As Parábolas de Pakolas” ao Auditorio de Burela

Burela 22-3-19. “As Parábolas de Pakolas” chega a Burela, o vindeiro sábado, 23 de marzo, ás 18:00 horas da man de Paco Cerdeira como espectáculo no que se interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música xirando en torno ao rock e outros estilos que entusiasman aos máis cativos e cativas, e con letras sempre axeitadas para eles.
O eixo fundamental radica na combinación das cancións coa narración dalgunhas historias e contos que nelas se recollen, cunha mensaxe final, e que forma así no conxunto , unha fermosa “parábola” musical da que aprender e na que pensar.
Un espectáculo musical con contacontos de formato individual , tocando a súa guitarra e interpretando cancións da súa autoría (A GRAMOLA GOMINOLA, PAKOLAS) formando parte estas das propostas musicais en galego para público infantil. Ademais, durante o espectáculo amosarase ao público moitos dos libros disco, xa que esta proposta xorde en torno ás actividades de animación a lectura.
A escolla dos temas incluirá , entre outros , o seu afamado “Campión Internacional”, do que conta cun videoclip actualmente, e no que se fala da importancia do xogo entre os amigos, e sobre todo do xogo tradicional de Galicia (billarda, pión, etc.).A canción dunha personaxe como é o “Monstro” Antón , que fai cancións de rock pola noite e non para de cantar as súas rimas. Historias fantásticas con outras personaxes , como as animais , que sempre esperta nos cativos unha gran curiosidade, un recurso que lle gusta moito pola súa dimensión animada Animais que van dende un pato, os ratiños, a quenlla , o furafollas, a curuxa, ou un mero, etc. Moitos destes animais son os protagonistas das cancións, pero tamén se artella un conto, unha historia fantástica arredor deles, “A Quenlla Madrugadora”, “Baldomero o Mero”, “O Furafollas”, …
Pakolas, combinará a narración, a interpretación e caracterización de moitas personaxes, e a música e tamén animará aos nenos e nenas e a todo o público a participar coas mans, cos ritmos do corpo e coa voz (retrousos, sons, etc). Así , podemos compartir entre todos e todas , a música e as historias cantadas e contadas. En definitiva , un xeito divertido de aprender e de gozar.
Este espectáculo conta coa colaboración da AGADIC e da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
As entradas serán de 2.5 euros, na propia taquilla, dende ás 17 horas do sábado 23 de marzo.

Exit mobile version