Site icon Crónica3.com A Mariña

A parroquia de San Román celebrará o Entroido este sábado

Cervo, 7 de marzo de 2019.- A parroquia de San Román celebra o Entroido este sábado.
A cita está organizada pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras, coa colaboración do Concello de Cervo.
A Festa será a partir das 22:30 horas no Pavillón e estará amenizada pola orquestra La Ocaband.
Repartiranse máis de 1500 euros en premios para os mellores disfraces, nas categorías infantil individual, parella e grupo; e adultos individual, parella, grupo, comparsa e charanga.
A inscrición pode facerse chamando ao teléfono 656 272 802.

Exit mobile version