Site icon Crónica3.com A Mariña

A subdelegada do Goberno anuncia o investimento de 2 millóns de euros para rehabilitar o firme da N-642

Lugo, 2 de marzo de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, avanzou hoxe o inminente comezo dun importante proxecto para a mellora das comunicacións na Mariña. Trátase das obras de rehabilitación estrutural do firme da estrada N-642. Isabel Rodríguez destacou “a importancia destas obras que poñen de manifesto, de novo, que o compromiso deste Goberno coa mellora das infraestruras da provincia de Lugo demóstrase cos feitos”.
 
“O Executivo de Pedro Sánchez aposta pola modernización das comunicacións da provincia de Lugo e traballa para acabar coa marxinación á que foi sometida a comarca da Mariña”, remarcou Rodríguez. Explicou tamén que “con ese obxectivo o ministerio de Fomento vai investir case 2 millóns de euros, é un importante esforzo económico para poñer a punto a principal vía de comunicación da Mariña, para facilitar os desplazamentos de veciños, transportistas e turistas e para mellorar a seguridade vial da comarca.
 
A subdelegada lembrou que o Goberno deulle prioridade a esta rehabilitación estrutural porque a N-642 é unha vía de comunicación fundamental para a provincia, xa que esta estrada vertebra unha comarca moi poboada e de gran importancia para a economía da nosa provincia como é a Mariña.
 
1,5 MILLÓNS EN OBRAS DE URXENCIA
 
O ministerio de Fomento executará este proxecto logo das actuacións de urxencia que xa levou a cabo nos últimos meses, que supuxeron un investimento de máis de 1,5 millóns de euros, para paliar o mal estado desta estrada, logo de anos de abandono que provocaron un grave deterioro no seu pavimento, co conseguinte perigo para os condutores. O gran deterioro no pavimento, con fochancas de ata 10 cm de profundidade, obrigou a facer o ano pasado dúas actuacións de emerxencia nesta vía, unha por importe de 620.383 euros e outra de 729.567 euros.
 
DOCE MESES DE EXECUCIÓN
 
As obras que agora se van acometer consistirán na rehabilitación estrutural do firme da N-642, unha actuarción que se realizará en máis de 21 kilómetros, e teñen un prazo de execución de doce meses. Concretamente, esta nova actuación executarase entre os puntos kilométricos 26+950 e 28+800 e do 36+500 ao 55+000.

Exit mobile version